NAVEGA CON RUMBO

    Hoxe chega aos nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo presentado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia coa finalidade de ensinar a navegar pola red.

    Sabemos que internet é divertido e útil: podes buscar información, xogar, comunicarte... pero hai que facelo con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Para concienciarnos, Iván, colexiado do CPEIG, presentounos esta diapositiva da Oficina de Seguridade do Internauta (www.osi.es) na que nos advirte dos riscos de cada dato que publicamos.

     Ademais lles deu pautas de comportamento e lles expuxo recomendacións e consellos para conseguir "navegar con rumbo" e seguridade como os referidos ao usuario e contrasinal

    Outra parte da sesión estivo adicada a qué facer se por desgracia chagas a ser unha vítima de internet:

     Para rematar, podemos resumir as ensinanzas de hoxe en tres consellos:
- NON  FAGAS  NADA  POR  INTERNET  QUE  NON  FAGAS  NA  VIDA  REAL
- SOLUCIONAR  UN  PROBLEMA  É  MÁIS  FÁCIL  CANDO  ACABA  DE  COMEZAR
- PIDE  AXUDA  A  UN  ADULTO ANTE  CALQUERA  COUSA  QUE  TE  INCOMODE

MÁIS  INFORMACIÓN  NA  WEB: www.navegaconrumbo.es

SCRATCH CON ELÍAS Y ROCÍO - 3º y 4º de Primaria

   Despois de que o alumnado de 1º e 2º de Primaria traballara con Scratch Junior, agora é a quenda dos nenos e nenas de 3º e 4º. Estes alumnos traballarán coa plataforma Scratch para aprender fundamentos básicos de programación dun xeito sinxelo.


   O primeiro que nos explican Rocío e Elías é que é programar e onde podemos atopar programación hoxe en día: ordenadores, electrodomésticos, semáforos...

   A continuación explicáronnos cales son as ordes básicas deste programa a través dunha aplicación práctica con todos os nenos e nenas da clase.
   Despois de familiarizarnos coas ordes e a súa representación pasamos aos ordenadores onde comezan a traballar con fondos, cambio de personaxes e da súa apariencia...
ESTAMOS   DESEXANDO  QUE  CHEGUE  A  SEGUINTE  SESIÓN!!

DÍA DO LIBRO

    Aínda que hoxe é domingo, non queremos deixar de celebrar este día e compartir con todos o dítpico que a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos fai chegar.

    O díptico deste ano, inclúe un texto orixinal da poetisa galega Rosalía Fernández Rial

DÍA DO LIBRO COA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOBER

     Os nosos alumnos participaron nas actividades propostas pola biblioteca do Concello de Soberpara celebrar o DÍA DO LIBRO 2017.
  • BookCrossing: liberamos libros no parque infantil de Sober. 
  • A volta ao mundo en 80 libros : nun  mapamundi fomos colocando etiquetas con títulos de libros e autores dos países por onde transcurre a ruta ideada por Jules Verne no seu libro "A volta ao mundo en oitenta días" .

Grazas a  Phileas Fogg, cabaleiro inglés protagonista desta aventura, coñecemos moitos países, os seu monumentos, bandeiras , medios de transporte da época e sobre todo aos escritores máis representativos dos lugares  polos que Fogg, Passepartout ,  Fix e Aouda viaxan durante  80 días  : LONDRES, PARÍS, BRINDISI, SUEZ, BOMBAY, CALCUTA, HONG-KONG, XAPÓN, SAN FRANCISCO, NOVA YORK  e xa de volta para Inglaterra.  Neste panel están as lecturas preferidas dos usuarios da biblioteca e tamén de todas as persoas do concello de Sober que quixeron deixar a súa pegada "literaria "  para participar na celebración do DÍA DO LIBRO 2017.





  • V Mercadillo de libros : aproveitamos unha boa tarde de primavera para salir cós libros ata o parque e poder ofrecelos a todas as persoas que pasaron a visitarnos. 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

   Esta ano organizamos a actividade de apadriñamentos lectores un pouco diferente.

   Os biblioaxudantes organizáronse en 5 grupos cun espacio e cun libro cada grupo. O resto do alumnado do centro repartiuse en 5 grupos que ían pasando dun libro a outro.

    Na biblioteca estaban Marco, Henry e Mateo para recitar poemas de Plumilindo (El cisne que quería ser pato) escrito por Gloria Fuertes.

  No Salón de Actos, Ángel e Jazmin esperábannos con Un libro de Herbé Tullet.

No comedor estaban Loïc e Manuel para lerlles El pez de oro escrito por Alexander Pushkin.

 Xa no patio esperaban Rocío, Gisela e Héctor co libro Cinco minutos de paz de Jill Murphy.

   E no parque infantil Herbert e Laura Melinda narraban Onde viven os monstros escrito por Maurice Sendak.

ESTRAFALARIA


    Hoxe asistimos no Centro Sociocultural de Sober ao contacontos Estrafalaria de Xarope Tulú organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Sober a través do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

    Esta é a primeira das actividades programadas para conmemorar o Día do Libro na que ademais de escoitar variadas e divertidas historias, temén tivemos tempo de bailar.


OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN UNHA LENDA INGLESA

    Os biblioaxudantes de sexto prepararon a dramatización da lenda inglesa "A calzada dos xigantes"

    Nela cóntase a historia do xigante escocés Bennandoner e de Finn, un xigante irlandés que se levaban moi mal.

    Un día o xigante escocés decidiu tirar unha montaña ao mar para cruzalo e derrotar ao seu adversario.
   A muller de Finn, Oonagh, viu como se aproximaba Bennandoner e decidiu engañalo. Ao final, non venceu a forza de ningún dos dous xigantes senón o enxeño de Oonagh.