lunes, 12 de junio de 2017

HÉRCULES PASEA CON GLORIA FUERTES - María Carrera

 María Carrera é unha contacontos e actriz de Pinga Teatro que nos visitou esta tarde para contarnos o libro Hércules pasea con Gloria Fuertes de Hércules Edidicóns.
 Nesta historia Hércules descobre a Gloria Fuertes cando está recitando poemas coa súa voz ronca nun programa de televisión. Moi contento por coñecela, pasean xuntos e recordan a infancia e a xuventude da poeta á que lle gustaba ir en bicicleta e poñer falda - pantalón con gravatas.
Tamén recordamos e cantamos a canción do seu programa de televisión
 
 Unha sesión moi divertida na que os nenos e nenas o pasaron xenial!

No hay comentarios:

Publicar un comentario