viernes, 20 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA - 2017

    Achégase o Día da Biblioteca e xa estamos preparando un montón de actividades para conmemorar esta data durante toda a semana:

Presentaremos o cartel de Xosé Tomás co lema escollido este ano pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univcersitaria este ano e un vídeo que fixemos para mostrar algunhas das posibilidades que nos ofrece baseándonos no texto da Asesoría de Bibliotecas Escolares

Coma o ano pasado faremos formación de usuarios cos escornabots

Coñeceremos ao novo equipo de biblioaxudantes voluntarios que serán os encargados de repartir os novos carnés e que seguro que o fan tan ben como o equipo do ano pasado.


  Recordaremos os  servizos, a organización e as normas de funcionamento da biblioteca

Tamén planificamos unha visita á Biblioteca Pública Municipal.

Estamos desexando que chegue xa o día
que ademais destas todas actividades temos reservada algunha sorpresa....

No hay comentarios:

Publicar un comentario